EL CELLER, CAMPIÓN DO VI CUME TAPAS DE MONFORTE.

A tapa “Tramontana”, ofrecida por El Celler, foi a máis votada na sexta edición do Cume Tapas de Monforte, organizado pola APEHL. A segunda posición foi para o restaurante O Grelo, coa súa proposta “As bólas do Manti…con xamón”, e o terceiro lugar deste podio gastronómico correspondeulle a Los Goya coa súa tapa de “Solombo de porco sobre puré de pataca e purito de zorza”. Por outra banda, o xurado profesional recoñeceu como mellores establecementos na categoría de tapa tradicional ó Plaza, Cardenal, Casa Carballo e Cristal. En tapa creativa, destacaron a El Celler, Picota, Edulis e A Troula, mentres na modalidade de mellor maridaxe con viño da Ribeira Sacra foron elixidos A Troula, Edulis, El Celler e Cristal. Por último, as mencións para as mellores tapas elaboradas con queixo do Cebreiro Marqués de Cernadas foron para Cardenal, Picota, Parador de Turismo e O Grelo.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A Plataforma Sarriana polo Río presentou unha denuncia ante Medio Ambiente

Seguinte Nova

O Círculo Saviñao, presente en Lalín na XX Romería da Federación Galega de Casinos Culturais

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Chantada contra o cancro

A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No pasado mes de decembro, a directiva
Ir aInicio

Don't Miss