Maio foi un bo mes para o emprego no sur de Lugo

Tan só cinco concellos do sur lucense rexistraron un aumento do paro no quinto mes de 2014

• A provincia de Lugo rexistrou unha baixada xeralizada do desemprego durante o mes de maio, cun 2,67% menos de parados que en abril de 2014. A diminución do desemprego contabilizouse en todas as comarcas agás Quiroga, onde o paro medrou un 1,39%. A baixada máis destacada por comarcas estivo en A Ulloa, cunha redución do paro do 6,12% no último mes. No sur lucense, o mellor rexistro foi o da comarca de Sarria, cunha baixa do 3,97%, o que supón o cuarto mellor dato comarcal na nosa provincia. Pola súa banda, Terra de Lemos contabilizou un descenso do paro dun 0,73%, e a comarca de Chantada rexistrou unha caída do paro do 2,60%.

SÓ MEDROU O PARO EN CINCO CONCELLOS DO SUR DE LUGO
En canto ós datos por concellos no sur de Lugo, só en catro municipios medrou o desemprego no último mes. A suba máis destacada estivo en Sober, cun repunte do paro do 9,48%, seguido a distancia por Folgoso do Courel, cun 3,27% máis de parados. Ademais, o desemprego aumentou un 1,41% en Quiroga, un 1,11% en Bóveda, e un 1,08% en Láncara.
A BAIXADA DO PARO NO SUR DE LUGO, CONCELLO A CONCELLO
A reducción do paro máis destacada no sur lucense rexistrouse en Paradela, cun 9,89% menos de desempregados, seguida de O Incio, cunha baixada do 8,33%, e de O Páramo, cun 7,69% menos de parados. Pola súa banda, Samos rexistrou unha caída do desemprego do 5,88%, e Triacastela baixou en 4,87%. Os datos de paro para o resto dos municipios do sur lucense foi como sigue: Carballedo (-4,76%), O Saviñao (-3,92%), Sarria (-3,59%), Chantada (-2,94%), A Pobra do Brollón (-1,81%), Pantón (-1,16%), e Monforte de Lemos (-0,89%).
Pola súa banda, os concellos de Taboada e Ribas do Sil non experimentaron variacións nos datos do desemprego respecto do mes anterior.•

cuadro paro 0514-1

 

cuadro paro 0514-2

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

UGT-LEMOS ALERTA DO AUMENTO DE MÁIS DUN 30% DOS CASOS DE BENEFICENCIA NAS FAMILIAS DO SUR LUCENSE

Seguinte Nova

PRESENTACIÓN DO ÚLTIMO DISCO DE EMILIO RÚA NO CÍRCULO SAVIÑAO

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

Ir aInicio

Don't Miss