Melloras na estrada de San Facundo en Paradela

• A Deputación acomete este mes o arranxo do derrubamento de terras causado polas choivas deste inverno

A deputada de Medio Ambiente, Sonsoles López Izquierdo, supervisou o inicio das obras de arranxo do derrubamento por choivas na estrada paradelesa de San Facundo. GPDL.
A deputada de Medio Ambiente, Sonsoles López Izquierdo, supervisou o inicio das obras de arranxo do derrubamento por choivas na estrada paradelesa de San Facundo. GPDL.

• A comezos de xuño, a Deputación de Lugo deu comezo ós traballos de acondicionamento na estrada de San Facundo, no municipio de Paradela, co obxectivo de rehabilitar o uso para o tráfico rodado deste vial, inutilizado por un derrubamento de terras a causa das choivas deste inverno.

DESVÍOS OBRIGATORIOS DURANTE MESES DEBIDO Ó CORTE DESTE VIAL POR DESPRENDEMENTOS
O desprendemento de terras provocou que a estrada permanecese pechada ó tráfico, no tramo que une o lugar de Loio co Mosteiro de San Facundo de Ribas de Miño. Esta situación afectaba a preto de 70 veciños dos núcleos de Cabo de Vila e Adegas das Penas, que se viron obrigados durante varios meses a realizar un rodeo duns cinco quilómetros nos seus desprazamentos habituais. Dado que esta vía vía de comunicación é empregada con frecuencia, o corte deste vial provocou que outros veciños do término municipal de Paradela tamén sufriran os inconvenientes de ter que empregar diferentes rutas alternativas.

CRÍTICAS Ó ALCALDE “POR NEGARSE A RETIRAR OS MATERIAIS DERRUBADOS DA VÍA”
No arranque das obras, a deputada de Medio Ambiente e Enerxías Renovables, Sonsoles López Izquierdo, visitou a zona do derrubamento, e declarou que o organismo provincial fíxose cargo destes traballos para evitar máis prexuízos ós veciños de Paradela. López Izquierdo lamentou asimesmo “a inoperancia do alcalde, que leva os seis últimos meses prexudicando ós seus veciños ó negarse a retirar os materiais derrubados da vía”.
Os responsables provinciais asumiron a limpeza e acondicionamento deste vial, operando cunha retroescavadora e dous camións, e estiman que os traballos estean completados a mediados deste mes.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O Club Natación Monforte celebrou o Festival de Natación

Seguinte Nova

Nova medalla para o Neka no Campionato Escolar provincial de Combate

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

A %d blogueros les gusta esto: