Nova medalla para o Neka no Campionato Escolar provincial de Combate

•O taekwondista Mario Fernández acadou o bronce na competición provincial

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

• O club Neka de Monforte vén de sumar unha nova medalla ó destacado palmarés deste ano, co bronce acadado por Mario Fernández López no Campionato Provincial Escolar de Taekwondo na modalidade de combate. A proba, celebrada en Vilalba o pasado 7 de xuño, supuxo un reto importante para os de Neka, acostumados a subir ó podio na modalidade de técnica.

BO TRABALLO DE JOSÉ ROCA NA MODALIDADE DE COMBATE
Ademais do excelente resultado de Fernández, dende o club Neka destacaron a gran actuación do deportista José Roca, que a pesares de non contar con medalla no provincial de Vilalba, “está rodándose moi ben, e de seguro que sacará un metal a nivel galego en breve”, suliñou José Mª Vega, adestrador do Neka.
A competición está a piques de rematar, e unha das últimas citas para os do Neka será o 21 deste mes, no Open Internacional Cidade de Ourense, onde os monfortinos esperan repetir ou superar o segundo posto por equipos conseguido o ano pasado. Con este obxectivo, preto de 40 rapaces e rapazas están a traballar cara á cita ourensá, que para algúns suporá o seu debut en competición.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Melloras na estrada de San Facundo en Paradela

Seguinte Nova

José Miguel Rosario debutou con éxito en El Palomar

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

     
A %d blogueros les gusta esto: