O Círculo Saviñao, presente en Lalín na XX Romería da Federación Galega de Casinos Culturais

 

Membros da expedición do Círculo Saviñao á XX Romería da Federación Galega de Círculos e Casinos Culturais, celebrada en Lalín o pasado 8 de xuño. (Foto cedida).
Membros da expedición do Círculo Saviñao á XX Romería da Federación Galega de Círculos e Casinos Culturais, celebrada en Lalín o pasado 8 de xuño. (Foto cedida).

• O domingo 8 de xuño tivo lugar en Lalín a XX Romería Anual da Federación Galega de Círculos e Casinos Culturais, na que participou unha expedición do Círculo Saviñao. A xornada comezou cunha cálida acollida por parte do alcalde de Lalín na moderna Casa Consistorial, pola que os participantes realizaron unha visita guiada. A continuación, desprazáronse ata o museo Ramón María Aller. Despois, a comitiva do Círculo Saviñao presentou na parroquia de acollida a tradicional ofrenda, como lle corresponde por exercer este ano a presidencia da Federación. Logo da misa cantada pola Coral de Lalín, os visitantes disfrutaron dun concerto da prestixiosa Banda de Lalín no Auditorio Municipal. A xornada festiva rematou cun xantar de confraternidade no Pazo de Bendoiro, amenizado polo grupo local “De perdidos al Trío”.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

EL CELLER, CAMPIÓN DO VI CUME TAPAS DE MONFORTE.

Seguinte Nova

UGT-LEMOS ALERTA DO AUMENTO DE MÁIS DUN 30% DOS CASOS DE BENEFICENCIA NAS FAMILIAS DO SUR LUCENSE

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Chantada contra o cancro

A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No pasado mes de decembro, a directiva
Ir aInicio

Don't Miss