O congreso #Inlugo14 consolídase como referente galego da cultura dixital

As 200 entradas esgotáronse en menos dunha hora de abrir o prazo

O presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, e o representante de Cool Films Galicia, un dos catro galardoados neste congreso, durante a clausura do #InLugo posando para un “selfie”.  GPDL.
O presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, e o representante de Cool Films Galicia, un dos catro galardoados neste congreso, durante a clausura do #InLugo posando para un “selfie”. GPDL.

• Lugo converteuse na capital da cultura dixital de Galicia durante a celebración, os días 6 e 7 de xuño, do Congreso de Cultura Dixital e Redes Sociais #InLugo14, organizado pola Deputación provincial co fin de fomentar o uso da rede e das novas tecnoloxías entre tódolos sectores da poboación, e de reflexionar sobre as implicacións que ten na vida diaria. A segunda edición deste evento superou as expectativas dos promotores, xa que as 200 entradas dispoñibles inicialmente para seguir este congreso no Salón de Actos do Pazo de San Marcos, sede da Deputación de Lugo, esgotáronse en menos dunha hora dende a apertura do prazo de inscrición. Para facilitar o seguemento en directo deste encontro sobre cultura dixital, habilitouse unha pantalla xigante no Salón de Plenos do organismo provincial, e a través das redes sociais co hashtag #inlugo14, e en directo, vía streaming, grazas ó traballo dos alumnos da Fundación TIC.

FORTE SEGUEMENTO NAS REDES SOCIAIS
O congreso #InLugo acadou un gran impacto nas redes sociais. Durante a primeira xornada de celebración, foi trendic topic a nivel español en Twitter e un dos cinco temas máis comentados no seu momento, como demostran os case 400 usuarios da rede que empregaron o hashtag InLugo, e as máis de 1.500 aparicións e ata 4 millóns de impresións realizadas. Ademais, a web específica deste encontro (www.inlugo.com) rexistrou preto de 5.000 visitas, e a retransmisión en streaming contabilizou máis de 1.500 entradas, con picos de 160 persoas conectadas ó mesmo tempo durante a conferencia do xornalista, escritor e corresponsal de guerra Ramón Lobo, o acto con maior poder de convocatoria dentro do programa deste congreso.

PROFESIONAIS DE RECOÑECIDO PRESTIXIO
O #InLugo convertiuse nun foro de debate de alto nivel sobre cultura dixital e redes sociais grazas á presencia de 30 profesionais, avalados pola súa traxectoria neste eido. O xornalista e escritor de éxito Ramón Lobo, blogueiro e corresponsal de guerra en diversos conflitos bélicos por todo o mundo, suscitou un gran interés coa súa intervención sobre o intenso momento que vive o periodismo dixital. Carlos Fernández, responsable do éxito de @policia, o corpo de seguridade con máis seguidores en Twitter a nivel mundial tras desbancar ó FBI, participou nun blogue de conferencias de 15 minutos xunto a profesionais como Paloma Abad, blogueira especialista en moda de El País; Juan Barambones, que falou sobre a revolución das Google Glass; ou Laura Pintos, redactora xefe de mujerhoy.com, que disertou sobre as celebrities e o mundo de Twitter.

ESPAZO PARA A CULTURA DIXITAL DE LUGO
O congreso #InLugo contou cunha sección adicada ó mundo dixital lucense, que baixo o título “Lugo na Rede”, deu a coñecer cinco empresas e proxectos relacionados con Internet e a nosa provincia. Elio Laureano, responsable de Didimox; Hugo Iglesias, de Miramar Cruceros y Nudoss; Rubén Pérez e Kathryn Phillips, do proxecto Don´t be a foreigner; Santiago Martínez, de Ocio en Galicia-Ocio en Lugo; e Tamara Raposo, xornalista e community manager, deron a coñecer a vitalidade da cultura dixital lucense.
Ademais, o congreso #InLugo achegouse ás posibilidades das novas tecnoloxías aplicadas ás Administracións públicas no espazo adicado ó goberno aberto. Esta liña de traballo é unha das apostas da Deputación de Lugo para aumentar a participación cidadá e a transparencia na xestión do público, e da que falaron Carlos Guadián, editor dende 2003 de K-Government, un dos blogs referenciais do Goberno Aberto, ou Cristina Juesas, asesora do proxecto do Goberno Aberto do Executivo Vasco, pioneiro en España.

PREMIOS #INLUGO14
O congreso rematou coa entrega dos premios #InLugo14 premios cos que a Deputación de Lugo recoñecou iniciativas, persoas e organizacións da provincia polo bo uso da internet, as novas tecnoloxías e as redes sociais. Entre o medio cento de candidaturas presentadas, os gañadores foron Mi Pequeño Vestidor, na categoría de Comercio, Ocio e Restauración, polo uso das novas tecnoloxías e as redes sociais para ofrecer un servizo continuo ós clientes da tenda; e Karmah Yoga & Meditación, na categoría de Educación e Formación, porque usa as redes sociais e internet como ferramenta esencial para o funcionamento do negocio. Cool Films Galicia foi premiada na categoría de Cultura e Social, por utilizar as novas tecnoloxías para a promoción do seu cine feito na nosa provincia. Por último, premiouse na categoría de Tecnoloxía a Vamos a Vidas, un proxecto pioneiro en Lugo sobre difusión de videoxogos.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A Deputación de Lugo, pioneira en solicitar o dominio .gal

Seguinte Nova

Aberto o prazo para inscribirse no Programa Deportivo do Verán en Monforte

Últimas noticias sobre CULTURA

     
A %d blogueros les gusta esto: