
Do 6 ó 8 de xuño tivo lugar a 38ª edición das Feiras de Primavera de O Páramo. A tradicional feira do gando foi seguida do desfile das reses e a entrega de trofeos na xornada do sábado, que tamén acolleu unha demostración canina. Xa o domingo, desenvolveuse a demostración de poda trepando en altura, e a demostración de maquinaria. A Asociación Pura Raza Cabalo Galego realizou unha exhibición de doma de alta escola. A XXXVIII edición das Feiras da Primavera contou coa presencia do vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e da delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias. •