• Según o informe “A Sociedade da Información e os autónomos de Galicia”, elaborado polo Observatorio galego da Sociedade da Información e a Modernización, un 28,3% dos autónomos galegos emprega as redes sociais, fronte ó 24,3% das sociedades, e case dous puntos máis que a media global das microempresas. O informe revela tamén que máis da metade dos autónomos con conexión a Internet acceden á Rede a través de banda larga móbil, o que supón case 18 puntos máis que o ano pasado. A pesar da súa relativa novidade, un 8,5% dos autónomos galegos xa optaron pola xestión da información na Nube. A súa implantación non está tan afastada da acadada pola media xeral das microempresas (9,7%). Os principais usos do Cloud Computing son o almacenamento e o backup. En canto ós datos do comercio electrónico, o informe elaborado polo Observatorio galego da Sociedade da Información e a Modernización, só o 7,3% dos autónomos compra a través de Internet, e só un 1,3% vende os seus produtos na Rede.•
Últimas noticias sobre INFRAESTRUCTURAS
O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca vén de anunciar en rolda de prensa o convenio
O concello de Pantón informa do remate das obras de abastecemento de auga, que iniciara no
A Xunta de Goberno Local de Sarria vén de aprobar nunha sesión extraordinaria e urxente a
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, recibiu 7 ofertas de
• Esta intervención constitúe un auténtico fito nunha cidade que historicamente foi urbanisticamente por detrás dos