A asociación cultural e recreativa de Escairón foi o escenario para o lanzamento do novo traballo discográfico do ourensán Emilio Rúa. O cantautor da cidade das Burgas ofreceu un concerto no Círculo Saviñao o pasado 31 de maio, onde interpretou temas deste novo traballo, titulado «Destino Sur», unha homenaxe ás súas terras de Riós, na zona sur de Ourense e Galicia. Emilio Rúa deleitou cos seus temas ó público asistente, e firmou discos ó remate do concerto. (Foto cedida).•