A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas recibiu un total de cinco ofertas para a execución das obras de mellora destas estacións de autobuses, incluídas dentro do Plan Renove de Galicia. Os traballos de mellora da accesibilidade das instalacións e dos sistemas de información nas estacións de Viveiro, Ribadeo, Mondoñedo, Vilalba e Sarria, foron licitadas pola Dirección Xeral de Mobilidade por un importe de case 30.000 euros (27.387,21€). Na actualidade está a valorar as ofertas recibidas, co fin de adxudicar este contrato e poder iniciar as obras tras a sinatura do mesmo. Na estación de Sarria realizaranse arranxos nos falsos teitos, aseos, puntos de luz ou canalóns; pintado dos bancos e limpeza do lucernario, e se potenciará a accesibilidade dos usuarios. •
Últimas noticias sobre INFRAESTRUCTURAS
A Xunta de Galicia aprobou a implantación de 12 polos creativos e a execución de 12
Dende o 21 de xullo, a pasarela do Malecón de Monforte está cortada ao tráfico de
• Mentres desde o PSdeG pregúntanse «onde está o PP para pedir que a Xunta actúe
• Logo do preacordo que vén de firmar con FCC Aqualia S.A. para executar as obras
• A orden foi decretada polo Alcalde José Tomé Roca, para garantir á seguridade durante os