Gastronomía e paisaxe déronse a man na gran cita festiva de San Clodio
• O 7 e 8 de xuño celebrouse a XII Festa da Cereixa e do Aceite de Ribas do Sil, unha cita gastronómica na que participaron 30 expositores con diversos produtos da zona. Nesta edición puxéronse á venda dúas toneladas de cereixa da mellor calidade, cun calibre excepcional que contou con gran aceptación do numeroso público asistente. Ademais, preto de 500 litros de aceite producidos nesta zona foron destinados á venda nos stands instalados no recinto da Praia Fluvial de San Clodio.•