Sarria celebrou as VIII Xornadas Xurídicas
•Preto dunha decena de expertos procedentes da xurisprudencia, a sanidade e o dereito mercantil participaron nas VIII Xornadas Xurídicas do Concello de Sarria
• Sarria foi, un ano máis, a capital do debate xurídico de actualidade durante a celebración. o 6 e 7 de xuño, das Xornadas Xurídicas do Concello de Sarria, que este ano acadaron a súa oitava edición. Expertos en xurisprudencia, sanidade e dereito mercantil reflexionaron sobre a defensa xurídica do consumidor no século XXI, diante dun nutrido auditorio que se congregou no Salón de Actos da Casa da Cultura de Sarria.
As Xornadas Xurídicas foron inauguradas polo vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, que defendeu a necesidade de acadar unha xustiza más áxil e eficaz en materia de defensa do consumidor. Para acadar este obxectivo, Rueda avogou por potenciar a mediación e a arbitraxe, implantando novas tecnoloxías que axilicen os procedementos, e tamén con reformas da lexislación xudicial e procesual, que teñan sempre en conta a todos os actores implicados.
As VIII Xornadas Xurídicas contaron con relatores de gran prestixio como o Fiscal Xefe do Estado, Eduardo Torres-Dulce, que falou sobre a necesaria reforma da Xustiza. Pola súa banda, o presidente da Sala Primeira do Tribunal Supremo, Francisco Marín, disertou sobre a Xurisprudencia civil e a protección do consumidor en tempos de crise. Asimesmo, o presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Miguel Ángel Cadenas, falou sobre a protección xurídica do paciente e a responsabilidade sanitaria. Outros dos temas tratados foron o equilibrio entre bancos e consumidores, a publicidade engañosa, o administrado como consumidor, ou o papel das asociacións de consumidores.•