UGT-LEMOS ALERTA DO AUMENTO DE MÁIS DUN 30% DOS CASOS DE BENEFICENCIA NAS FAMILIAS DO SUR LUCENSE

Dende esta formación sindical, consideran moi preocupante a situación de centenares de familias nas comarcas de Lemos, Chantada e Quiroga, a raíz dos datos extraídos dun estudio elaborado polo sindicato para medir o impacto da crise nos núcleos familiares. Según este estudio, no ano 2009 había 103 familias que percibían a Renda de Inserción Social de Galicia (RISGA) nestas tres comarca, mentres que agora son 135. Ademais, as familias perceptoras da Axudas de Emerxencia Social (AES) eran 59 antes do comezo da crise, e agora subiron ata 67; no mesmo ano 2009, eran 1.131 as familias con Prestacións Non Contributivas (PNC), e este ano medraron ata as 1.470. O total de familias dependentes de prestacións sociais suman 5.815 na nosa provincia, e 49.241 en Galicia. Dende UGT-Lemos alertan da situación de “marxinalidade” que está a afectar a estas familias. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O Círculo Saviñao, presente en Lalín na XX Romería da Federación Galega de Casinos Culturais

Seguinte Nova

Maio foi un bo mes para o emprego no sur de Lugo

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

A %d blogueros les gusta esto: