Vicente Docasar reclamou “diálogo sosegado” para que a Xunta escoite ós centros educativos sobre a implantación da FP Básica

Cualifican esta implantación de “lamentable chapuza”

O deputado socialista Vicente Docasar durante a súa comparecencia na Comisión de Educación do Parlamento de Galicia, o pasado 30 de maio. (Foto cedida).
O deputado socialista Vicente Docasar durante a súa comparecencia na Comisión de Educación do Parlamento de Galicia, o pasado 30 de maio. (Foto cedida).

• O portavoz de Educación do Grupo Socialista no Parlamento de Galicia, Vicente Docasar, criticou a implantación da FP Básica en Galicia por parte da Xunta como unha “lamentable chapuza” polo seu “seguidismo” ó ministro Wert. O responsable socialista realizou estas declaracións durante a súa comparecencia na Comisión de Educación do Parlamento Galego celebrada o paasdo 30 de maio. O deputado monfortino alertou de que o novo ciclo que substitúe aos Programas de Cualificación e Profesional Inicial será posto en marcha no próximo curso sen ter informado aos centros.

A XUNTA NON FACILITOU INFORMACIÓN ÓS CENTROS, QUE NON PODERÁN INFORMAR ÁS FAMILIAS ANTES DO COMEZO DO CURSO
Docasar criticou que a “falla de seriedade e de información absoluta” está a provocar o “cabreo” dos centros educativos, que carecen de información no momento en que teñen que informar ás familias. Explicou que esta é unha máis das “consecuencias lamentables” da reforma da Lei educativa e dun calendario de aplicación “improvisado, inasumible, caótico e chapuceiro”.
O deputado socialista advertiu que a comezos deste mes de xuño aínda non se coñecían as características da nova modalidade que teñen que implantar en setembro, co que no momento en que os centros deberían estar difundido a oferta educativa para o próximo curso aínda non saben si van ter a FP básica, polo que “os alumnos e as súas familias tampouco”.

“SE HAI QUE PARAR ESTA MEDIDA UN ANO, QUE SE PARE PARA FACER AS COUSAS BEN”
Docasar instou ao goberno galego a que abra un “diálogo sosegado” cos centros educativos, os equipos directivos e os sindicatos. Asimesmo, Docasar reclamoulle ó conselleiro de Educación que “pare este despropósito” e “se hai que paralo un ano, que se pare” para “facer as cousas ben”.
A implantación da coñecida como FP Básica vén substituír ós Programas de Cualificación e Profesional Inicial (PCPI) que se imparten en máis de 300 centros para máis de 4.000 estudantes en toda Galicia.
Docasar explicou que o novo modelo, dirixido a aqueles estudantes con maiores dificultades no ensino secundario, pasará de 15 a 30 alumnos por aula, co prexuízo que iso supón para os alumnos e alumnas, e os 39 perfís cos que conta actualmente limitaranse a 21.

DOCASAR: “A POLÍTICA DE FEIJÓO SOBRE OS LIBROS DE TEXTO É INSENSATA, INXUSTA, CAMBIANTE E TRAPALLEIRA”
O deputado socialista Vicente Docasar referiuse á xestión do goberno de Núñez Feijóo en relación ós libros de texto, á que cualificou de “insensata, inxusta, cambiante e trapalleira”. Docasar presentou unha pregunta no Parlamento sobre o sistema que está a implantar a Xunta de “gratuidade solidaria”. “Este sistema nin é gratuíto nin é solidario”, criticou Vicente Docasar, quen citou un informe do Defensor del Pueblo que sentenciaba que o sistema de préstamo implantado polo goberno socialista resultaba “máis xusto e mesmo máis eficiente economicamente que o actual sistema de gratuidade solidaria” que implantou Feijóo. Dito informe sinala que mentres o modelo do presidente Touriño “custaba 80 millóns de euros, 72 para a Xunta e 8 para as familias en catro anos, o modelo de Feijóo, polo contrario, e no mesmo período de tempo, supuxo un custe de 200 millóns de euros, 80 para a Xunta e 120 para as familias”. Vicente Docasar subliñou que o modelo socialista resultaba “máis xusto e equitativo, máis eficiente e favorecía máis ás familias”.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

José Miguel Rosario debutou con éxito en El Palomar

Seguinte Nova

A Carreira Popular Vila de Sarria gaña adeptos

Últimas noticias sobre GALERÍA

A %d blogueros les gusta esto: