O colexio de Sober celebra o 29 de xuño o seu 40º aniversario cun xantar de confraternidade

O CEIP Virxe do Carme de Sober celebra este ano o seu 40º aniversario, e con este fin organiza para o 29 de xuño un xantar de confraternidade no pavillón do centro educativo. A comida estará amenizada pola Banda de Música de Sober, e haberá tamén actividades de lecer para os máis cativos.

Ademais, estará aberta unha exposición de fotografías antigas do centro, na que se recollen diversas imaxes de eventos ou celebracións das diversas promocións do alumnado deste colexio ó longo dos seus corenta anos de historia. A exposición poderá visualizarse a través da páxina web e do facebook do CEIP  Virxe do Carme, así como na conta de facebook do Concello de Sober, onde ademais seguen a recibir fotografías aportadas por todos aqueles que queiran deixar un recordo gráfico nesta exposición do seu paso polo colexio.

Os interesados en asistir ó xantar de celebración deberán retirar as súas entradas no propio colexio, no Concello de Sober ou na Casa da Cultura, preferiblemente antes do 23 de xuño. Para todos aqueles que non poidan desplazarse para adquirir a súa entrada, deberán contactar telefónicamente co CEIP Virxe do Carme, no número 982 46 01 39, enviando un mail a virxedocarme.40@gmail.com, ou tamén a través da conta de facebook deste centro educativo.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Conta atrás en Sarria para celebrar o San Xoán 2014

Seguinte Nova

A Xunta instala pasos sobreelevados no Morín

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: