A candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade suma apoios

Gadis e Fademur adheríronse a esta campaña

Un momento da intervención en San Clodio de Antonio Cortés, director de Márketing de Gadisa, na que se deu a coñecer o apoio de Gadis á campaña en favor da candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade. O acto contou coa presencia do presidente da Deputación, institución que promove esta campaña; o alcalde de Ribas do Sil; a presidenta de Fademur, Rosa Arcos;  e  a presidenta do Grupo El Progreso, Blanca García. GPDTL.
Un momento da intervención en San Clodio de Antonio Cortés, director de Márketing de Gadisa, na que se deu a coñecer o apoio de Gadis á campaña en favor da candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade. O acto contou coa presencia do presidente da Deputación, institución que promove esta campaña; o alcalde de Ribas do Sil; a presidenta de Fademur, Rosa Arcos; e a presidenta do Grupo El Progreso, Blanca García. GPDTL.

• Segue en marcha a campaña de apoio á candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade, e que acaba de sumar este mes dúas novas adhesións. A firma Gadis fixo oficial o seu apoio a esta campaña, impulsada pola Deputación de Lugo, nun acto celebrado o pasado 10 de xuño en San Clodio. Neste evento tamén deu a coñecer a súa adhesión a esta iniciativa o colectivo Fademur (Federación de Asociacións de Mulleres Rurais).

GADIS PARTICIPARÁ NA CAMPAÑA RECOLLENDO SINATURAS EN 51 ESTABLECEMENTOS E A TRAVÉS DAS REDES SOCIAIS
Según explicou o director de Márketing de Gadisa, Antonio Cortés, “en Gadis gústanos estar ó lado das persoas”, polo que “dentro do noso plan de sostibilidade corporativa imos recoller sinaturas nos nosos establecementos e a través das nosas redes sociais, que teñen 130.000 seguidores”. Deste xeito, un total de 51 establecementos de Gadis nas provincias de Lugo e Ourense disporán ata o 31 de xullo de libros oficiais da Unesco para recoller sinaturas en apoio da candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade.

FADEMUR OFRECERÁ ÁS 12.000 MULLERES ASOCIADAS A POSIBILIDADE DE FIRMAR EN APOIO DESTA CANDIDATURA, E INCLUIRÁ A INICIATIVA NA SÚA CAMPAÑA “SON DE CAMPO”
Pola súa banda, a presidenta de Fademur, Rosa Arcos, afirmou en San Clodio que “para nós a Ribeira Sacra é a esencia do medio rural no que cremos, modelo de sustentabilidade e onde o xeito de traballar das mulleres contribúe a mantelo”. Fademur aglutina en Galicia a 74 asociacións con máis de 12.000 mulleres representadas, que agora poderán rexistrar a súa sinatura en apoio da candidatura da Ribeira Sacra. Asimesmo, a presidenta deste colectivo de mulleres rurais anunciou que van incorporar esta iniciativa á súa campaña denominada “Son de campo”, que ten como obxectivo dar visibilidade á produción do rural.

“SEGUIR SUMANDO APOIOS” Á CAMPAÑA QUE XA CONTA CON MÁIS DE 10.000 FIRMAS
A campaña de recollida de firmas en apoio da candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade foi posta en marcha o pasado 8 de outubro, impulsada pola Deputación de Lugo. Esta iniciativa ten xa rexistradas máis de 10.000 firmas en apoio desta candidatura. O presidente do organismo provincial, José Ramón Gómez Besteiro, apuntou en San Clodio que o obxectivo é “seguir sumando apoios, xa que a Humanidade merece seguir sumando patrimonio como a Ribeira Sacra e as súas capacidades”.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A nova Asociación de Veciños do barrio do Hospital organiza o 17 de agosto en Monforte unha baixada de carrilanas engalanadas

Seguinte Nova

Éxito das xornadas de portas abertas do Departamento de Informática do IES A Pinguela

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Chantada contra o cancro

A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No pasado mes de decembro, a directiva
Ir aInicio

Don't Miss