A Pobra do Brollón celebrará o 12 de xullo a I Feira Medieval Guímara

Nova cita lúdico-cultural na comarca de Lemos

As demostracións de cetrería son un dos grandes atractivos das Feiras Medievais, e tamén terán o seu espazo na I Feira Medieval Guímara de A Pobra do Brollón. (Arquivo EC).
As demostracións de cetrería son un dos grandes atractivos das Feiras Medievais, e tamén terán o seu espazo na I Feira Medieval Guímara de A Pobra do Brollón. (Arquivo EC).

A comarca de Lemos xa conta cunha nova cita festiva, na que a viaxe no tempo e a recreación dos oficios e tradicións populares serán os protagonistas. O entorno do Campo da Feira de A Pobra do Brollón acollerá a I Festa Medieval Guímara o vindeiro sábado 12 de xullo, nunha xornada na que haberá xogos tradicionais e gastronomía típica, así como música e animación polas rúas.

DEMOSTRACIÓN DOS OFICIOS TRADICIONAIS POLA MAÑÁ
A I Feira Medieval Guímara comezará sobre as once da mañá, na que abrirán os postos de artesanía e gastronomía. Ó mediodía iniciaranse os espectáculos ambientados na Idade Media. Así, ás doce terá lugar unha exhibición de cetraría a cargo de Falcóns Galicia. A esa mesma hora darán comezo as demostracións dos oficios tradicionais a cargo de artesáns da zona.

RECREACIÓN DA REVOLTA GUÍMARA
A música chegará a partir das doce e media, cos pasarrúas a cargo do grupo de gaiteiros Brabán. Tamén a esta hora desenvolverase a recreación teatral da Revolta Guímara, a cargo dos veciños e veciñas de A Pobra. Este levantamento da veciñanza contra os impostos do Conde de Lemos a finais da Idade Media é un dos feitos históricos máis salientables da memoria colectiva do sur lucense, protagonizados polos seus habitantes.

POLA TARDE, XOGOS POPULARES E ACTUACIÓN DO GRUPO FOLK GARABELO
Xa pola tarde, e dende as catro, as rúas de A Pobra do Brollón estarán animadas coa actuación de “Ce Orquestra Pantasma”. Ás seis da tarde comezará a sesión de xogos tradicionais, desenvolvida por Xotramu. A música voltará cara á noite, coa actuación do grupo folk Garabelo ás nove. O espectacular fin de festa estará a cargo do Bruxo Queimán. Nesta xornada tamén actuarán os Alumnos da Escola Municipal de Música de A Pobra do Brollón.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A Plataforma Sarriana polo Río denuncia ante a Comisión Europea o encauzamento do río Sarria

Seguinte Nova

En marcha ata setembro o programa Música no Camiño nas rúas de Sarria

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Chantada contra o cancro

A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No pasado mes de decembro, a directiva
Ir aInicio

Don't Miss