A Xunta financia a contratación de 64 brigadas contraincendios en 58 concellos lucenses

A delegada da Xunta en Lugo, Raquel Arias, acompañada do xefe territorial de Medio Rural e do Mar, Ramón Losada, presentaron as liñas de colaboración da Xunta cos concellos en materia de loita contra os lumes forestais. GPDTL.
A delegada da Xunta en Lugo, Raquel Arias, acompañada do xefe territorial de Medio Rural e do Mar, Ramón Losada, presentaron as liñas de colaboración da Xunta cos concellos en materia de loita contra os lumes forestais. GPDTL.

A finais do mes de xuño, a delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, presentou as liñas de colaboración do Executivo autonómico cos concellos lucenses nas tarefas de loita contra os lumes. Con este obxectivo, a Consellería de Medio Rural financiará 64 brigadas municipais nos 58 concellos lucenses que o solicitaron, investindo 1.705.862 euros. Esta iniciativa suporá a contratación de 319 persoas para as brigadas locais contra incendios na nosa provincia.

DISPOSITIVO SIMILAR Ó DO ANO PASADO
Raquel Arias explicou que a función destas brigadas é completar o operativo desplegado pola Xunta, co que “o dispositivo deste ano será similar ó do pasado exercicio en canto a número de efectivos”.
A delegada da Xunta en Lugo destacou que “a colaboración cos municipios enmárcase no ámbito da coordinación e apoio entre administracións”. Suliñou que esta estratexia ten “claras vantaxes, xa que garante a optimización dos recursos dispoñibles, faise fincapé nas tarefas de prevención, gáñase operatividade porque os gobernos locais coñecen mellor as necesidades do seu termo municipal, e increméntase a eficacia ó ter a coordinación un único mando do Servizo de Defensa contra Incendios da Xunta de Galicia”.

TAREFAS DAS BRIGADAS CONTRA INCENDIOS
Estas brigadas estarán compostas por entre 4 e 6 membros e, entre as súas obrigas, terán que acreditar traballos de limpeza nun mínimo de 5 hectáreas do municipio, con tarefas de roza, rareo e eliminación de restos en terreos municipais ou de dono descoñecido, e vías nas que é impracticable a limpeza mecanizada. En circunstancias especiais de situación xeográfica, masa forestal ou risco de incendios, algúns concellos poderán ter dúas brigadas.
Arias indicou que este modelo operativo “actúa para que todas as franxas que bordean os núcleos rurais e os núcleos urbanos se manteñan limpas”.
“A maioría dos concellos teñen a mesma sensibilidade que a Xunta” para facer fronte ós incendios, polo que hai unha excelente coordinación entre administracións”, dixo Arias, en alusión ós diversos convenios suscritos para sufragar, por exemplo, o funcionamento dos vehículos motobombas e para tratamentos preventivos de limpeza en camiños, pistas e outros espazos vexetais.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Aposta institucional polo emprego en Quiroga

Seguinte Nova

A nova Asociación de Veciños do barrio do Hospital organiza o 17 de agosto en Monforte unha baixada de carrilanas engalanadas

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

Ir aInicio

Don't Miss