A Xunta instala pasos sobreelevados no Morín

A travesía do Morín vai contar dende xuño con novas medidas para garantir a seguridade viaria de condutores e peóns. A Xunta de Galicia vén de realizar estes traballos nas estradas autonómicas LU-546, LU-664 e LU-617, cun investimento de preto de 64.000 euros con cargo á anualidade 2014 dos contratos de conservación da zona sur da provincia de Lugo.

PASOS SOBREELEVADOS E RENOVACIÓN DA SINALIZACIÓN HORIZONTAL E VERTICAL
Estas melloras consisten na construción de seis pasos de peóns sobreelevados, e na execución de traballos complementarios, como o pintado da calzada e a renovación da sinalización.
Según explicou a delegada territorial de Lugo, Raquel Arias, estes traballos veñen a sumarse ás melloras recentemente introducidas nas rotondas da rúa María Emilia Casas, que mudaron a sinalización para ser máis perceptibles para o tráfico.

A VECIÑANZA DEMANDABA MÁIS SEGURIDADE DO TRÁNSITO PEONIL
Os pasos para peóns sobreelevados comezaron a instalarse o pasado 18 de xuño, en puntos como a residencia da terceira idade no Morín, ou diante do colexio e auditorio na ronda María Emilia Casas. Estes pasos sobreelevados obrigan ós condutores a reducir a velocidade, garantindo a seguridade para o tránsito peonil nestes puntos. Según explicou Arias, este proxecto complétase con outras reformas, como o repintado viario ou a colocación doutros sistemas de redución de velocidade máis sinxelos onde sexa preciso.
Raquel Arias puntualizou que con estas obras “a Xunta pretende mellorar a seguridade dos peóns, atendendo a unha demanda dos veciños e veciñas que solicitaban medidas para reducir a velocidade dos vehículos e minimizar outros riscos en zonas de moito tránsito peonil”.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O colexio de Sober celebra o 29 de xuño o seu 40º aniversario cun xantar de confraternidade

Seguinte Nova

A Plataforma Sarriana polo Río denuncia ante a Comisión Europea o encauzamento do río Sarria

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

Ir aInicio

Don't Miss