Acordos para impulsar o Campus de Lugo

A Deputación de Lugo e a Universidade de Santiago poñen en marcha un Plan de Choque

O presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, e o reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Juan Manuel Viaño Rey, durante a presentación do Plan de Choque do Campus de Lugo na capital provincial. GPDL
O presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, e o reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Juan Manuel Viaño Rey, durante a presentación do Plan de Choque do Campus de Lugo na capital provincial. GPDL

• O reforzo de Lugo como capital da formación e do coñecemento de nivel universitario a través do impulso do Campus lucense son os obxectivos do Plan de Choque que van levar a cabo a Deputación provincial e a Universidade de Santiago de Compostela (USC) xa no vindeiro curso. Os máximos representantes de ámbalas dúas institucións presentaron esta iniciativa o pasado 17 de xuño na capital provincial.

VIAÑO REY ELIXIU LUGO PARA A SÚA PRIMEIRA SAÍDA COMO REITOR
As características e obxectivos do protocolo de colaboración entre a Deputación de Lugo e a Universidade de Santiago foi explicada polo mandatario provincial, José Ramón Gómez Besteiro, e o novo reitor da institución universitaria, Juan Manuel Viaño Rey. Besteiro agradeceu ó reitor da USC que escollese Lugo para realizar a súa primeira saída como reitor, “reforzando os intensos lazos entre ámbalas dúas administracións na procura do desenvolvemento da Universidade”.

A PERDA DE ALUMNADO, O PRINCIPAL PROBLEMA DA UNIVERSIDADE GALEGA
Pola súa banda, Viaño Rey explicou que o obxectivo deste Plan de Choque para impulsar o Campus de Lugo busca combatir “o principal problema da Universidade, que é a perda de alumnado”. Neste sentido, o reitor da Universidade de Santiago lembrou que nesta última década o número de alumnos e alumnas matriculados nos diferentes campus da USC descendeu un 50%, e cualificou este feito como “un problema de Galicia”. Pola súa banda, Gómez Besteiro puntualizou que o problema demográfico que afecta á provincia de Lugo, e ó resto de Galicia “tamén se manifesta na Universidade, polo que temos que axeitarnos á realidade e establecer novas prioridades”. O mandatario provincial destacou que entre estas prioridades a principal é a captación de alumnos”.

PAQUETE DE TRECE MEDIDAS PARA IMPULSAR O CAMPUS DE LUGO DENDE O VINDEIRO CURSO
O Plan de Choque para impulsar o Campus de Lugo inclúe un total de trece medidas, que se plasmarán en próximos convenios de colaboración entre a Deputación de Lugo e a Universidade de Santiago. Estes convenios establecerán as cuantías económicas das achegas que deberán aportar cada unha das institucións, co obxectivo de que o conxunto de medidas de impulso sexan efectivas no vindeiro curso 2014-2015.
A batería de medidas para impulsar o Campus lucense inclúe a realización dun plan de promoción de Lugo como cidade universitaria, así como das titulacións que se imparten neste Campus. Para activar a demanda nas titulacións con menos alumnado, o convenio entre Deputación e USC establece a creación de bolsas para gastos de matrícula destinadas a este tipo de carreiras. Tamén se establecerán bolsas para grupos de investigadores de calquer titulación. Asimesmo, impulsarase un plan de captación de alumnado estranxeiro.
Por outra banda, fomentarase cun plan de apoio as práticas de campo, e realizarase un estudo para valorar as posibilidades da Granxa Gayoso Castro como infraestrutura para a realización de práticas universitarias. Por outra banda, a provincia potenciarase a través deste Plan de Choque como un destino adecuado para a realización de cursos de verán. Asimesmo, implementarase o uso das novas tecnoloxías para impulsar a docencia semipresencial ou a distancia.
O Plan de Choque tamén inclúe o fomento das titulacións de Máster no Campus lucense, e a determinación de incentivos para Traballos de Fin de Grao e de Fin de Máster. A investigación será protagonista co impulso da divulgación científica e a captación de novos talentos, e se valorarán as posibilidades de incrementar os fondos da Biblioteca Intercentros do Campus de Lugo. Por último, o Plan de Choque analizará as infraestruturas deportivas e docentes.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O Centro do Viño de Monforte desenvolveu máis dun cento de actividades nos últimos doce meses

Seguinte Nova

Jose Antonio López Fombona gana la 41 Edición de la Subida a Chantada.

Últimas noticias sobre GALERÍA

Ir aInicio

Don't Miss