Actividades para os máis cativos no verán de Pantón

•Ademais, ó longo destes meses organizaranse novas actividades como saídas guiadas, exposicións e actos culturais

• Como todos os anos, o Concello de Pantón programou diversas actividades para os máis cativos que se desenvolverán ó longo dos meses estivais.

NATACIÓN TRES DÍAS Á SEMANA, E AS ACTIVIDADES DO CAMPAMENTO DE VERÁN SERÁN OS MARTES E XOVES
A comezos de xullo iniciáronse as actividades de natación e o campamento de verán, e dende o Concello están a complementar esta programación con diversos eventos.
Por unha banda, as actividades de natación desenvolveranse os luns, mércores e venres de 12 a 13,30 horas. Por outra, o Campamento de Verán de Pantón ten lugar os martes e xoves de 11 a 13 horas, con diversas actividades pensadas para o lecer e o disfrute dos máis cativos durante as súas vacacións de verán.

INFORMACIÓN E INSCRICIÓNS NO EDIFICIO SOCIOCULTURAL DE PANTÓN
Os interesados en participar nestas dúas actividades poden obter máis información e formalizar a súa inscrición nas oficinas do Edificio Sociocultural de Pantón, situado na Praza do Concello. Estas oficinas están abertas de luns a venres de 10 a 20 horas.
Por outra banda, dende o Concello de Pantón informaron de que están a traballar na organización de diversas actividades para o público en xeral, como saídas guiadas, exposicións e actos culturais ó longo destes meses.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O Concello de Monforte, galardoado coa Escoba de Oro 2014 pola súa xestión de residuos e limpeza urbana

Seguinte Nova

A igrexa de San Miguel de Eiré , vindeira cita cos Concertos de Verán da Ribeira Sacra

Últimas noticias sobre CULTURA

Ir aInicio

Don't Miss