Aposta institucional polo emprego en Quiroga

•O Concello de Quiroga promove o Plan de Emprego Xuvenil por segundo verán consecutivo

O alcalde de Quiroga, Julio Álvarez, durante a sinatura dos contratos do Plan de Emprego Xuvenil na Casa do Concello, xunto cos mozos que se incorporaron ó seu posto de traballo para os meses de verán. (Foto cedida).
O alcalde de Quiroga, Julio Álvarez, durante a sinatura dos contratos do Plan de Emprego Xuvenil na Casa do Concello, xunto cos mozos que se incorporaron ó seu posto de traballo para os meses de verán. (Foto cedida).

O 30 de xuño tivo lugar no Concello de Quiroga a sinatura dos contratos correspondentes ó Plan de Emprego Xuvenil, que este ano cumple a súa segunda edición. No acto estiveron presentes o alcalde de Quiroga, Julio Álvarez, e os 14 mozos e mozas beneficiarios desta iniciativa municipal de creación de emprego.

O PLAN DE EMPREGO XUVENIL BENEFICIA ESTE ANO A 14 MOZOS E MOZAS DE QUIROGA
O Concello de Quiroga, a través do Departamento de Xuventude, puxo en marcha o pasado ano este novidoso Plan de Emprego destinado á mozos e mozas menores de 30 anos, estudantes universitarios ou de ciclos formativos, e que durante o curso escolar residan fóra do municipio, e os ingresos familiares non superen a media da renda per capita familiar.
Estes contratos serán de carácter temporal, durante os meses de verán, cunha xornada parcial. Os estudantes substituirán ós funcionarios e persoal municipal que disfruten das súas vacacións de verán. Os mozos e mozas contratados desempeñarán as súas funcións nos diversos departamentos municipais .

AXUDAR ÁS FAMILIAS QUE TEÑEN FILLOS ESTUDIANDO FÓRA, E OFRECER A ESTES EXPERIENCIA LABORAL
Os obxectivos do Plan de Emprego Xuvenil de Quiroga son, por unha banda, colaborar coas familias que están a facer un esforzo económico para soster a formación dos seus fillos e fillas fóra do municipio. Por outra banda, o Plan de Emprego Xuvenil facilita ós beneficiarios unha experiencia laboral necesaria para enriquecer o seu currículo profesional.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A Xunta promove a contratación de persoal para a Oficina de Turismo de Quiroga

Seguinte Nova

A Xunta financia a contratación de 64 brigadas contraincendios en 58 concellos lucenses

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

Ir aInicio

Don't Miss