En marcha ata setembro o programa Música no Camiño nas rúas de Sarria

O programa Música no Camiño está a convertir os espazos públicos de Sarria en improvisados auditorios para a música máis nosa. Arquivo EC.
O programa Música no Camiño está a convertir os espazos públicos de Sarria en improvisados auditorios para a música máis nosa. Arquivo EC.

Dende este mes e ata setembro, o programa Música no Camiño está a convertir os espazos públicos de Sarria en auditorios onde disfrutar da nosa música, cun amplo programa de actuacións a cargo de agrupacións locais.

CASCO VELLO, MALECÓN E PRAZAS, AUDITORIOS IMPROVISADOS PARA A MÚSICA A PÉ DE RÚA
A Praza Maior, o Paseo do Malecón, a Rúa Maior e a Praza Juan María López son os escenarios que este verán van acoller estas actuacións gratuítas a pé de rúa, dentro deste programa organizado pola Xunta de Galicia en colaboración co Concello de Sarria.

ACTUACIÓNS ATA O 15 DE XULLO
Para o mes de xullo, o programa Música no Camiño ofrecerá o venres 4 a actuación de Sarricanta, na Praza do Concello. O sábado 5 de xullo, Meigas e Trasgos actuarán na Rúa Maior, mentres que o mércores día 9 será a quenda dos Gaiteiros de Goián, no Paseo do Malecón.
O xoves día 10, a banda da Escola Municipal de Música de Sarria ofrecerá unha interpretación na Rúa Maior. Pola súa banda, a Asociación Peleriños actuará o martes 15 de xullo no Paseo do Malecón.
CALENDARIO DE MÚSICAS PARA A SEGUNDA METADA DE XULLO
Sarricanta actuará o 19 de xullo na Praza Juan Mª López, e o mércores 23 farao a banda da Escola Municipal no Paseo do Malecón, o mesmo escenario da participación de Meigas e Trasgos o día 24. O 27 será a quenda da Coral, na Praza Juan Mª López, e o 30 actuarán os Gaiteiros de Goián na Rúa Maior. Todos os concertos serán ás 20,30 horas.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A Pobra do Brollón celebrará o 12 de xullo a I Feira Medieval Guímara

Seguinte Nova

O Concello de Monforte, galardoado coa Escoba de Oro 2014 pola súa xestión de residuos e limpeza urbana

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: