Éxito das xornadas de portas abertas do Departamento de Informática do IES A Pinguela

Charla sobre redes sociais organizada polo Departamento de Informática do IES A Pinguela en xuño. (Foto cedida).
Charla sobre redes sociais organizada polo Departamento de Informática do IES A Pinguela en xuño. (Foto cedida).

• No último mes antes das vacacións escolares, o Departamento de Informática do IES A Pinguela organizou unha xornada de portas abertas, na que participaron preto dunha vintena de persoas. Ademais, foron varias as que se sumaron a estas xornadas a través das redes sociais, enviando consultas ós perfís dos profesores do Departamento, ou mediante e-mail.
En xeral, os responsables do Departamento de Informática do IES A Pinguela amosáronse «máis que satisfeitos» pola acollida desta iniciativa, que tiña por obxectivo dar a coñecer todas as posibilidades que ofrece este centro para unha formación de calidade en Informática, de cara á consecución dun futuro profesional exitoso para o seu alumnado.
Según explicaron os responsables do Departamento, o aspecto que máis despertou o interés nestas xornadas foi a posibilidade de seguir as clases dende o domicilio cando non se pode asistir ó centro por causa xustificada. O Departamento ten en marcha unha serie de foros nos que participan os rapaces para resolver as dúbidas dos ausentes, e nos que tamén interveñe o profesorado cando entre eles non atopan a solución correcta.
Asimesmo, tamén levantou gran expectación a incorporación ó traballo de dispositivos móbiles para o vindeiro curso, co obxectivo de ofrecer unhaformación axeitada ós novos tempos e ó horizonte que logo van atopar nas empresas. Os asistentes tiveron a oportunidade de probar o hardware nas aulas, e comprobar tamén o alto grado de actualización de que dispoñen os equipos informáticos en canto á software.
Os asistentes valoraron asimesmo o sistema de préstamo de libros, que non só ofrece a bibliografía técnica desta especialidade, senón tamén unha ampla oferta de libros de diversas materias alleas á informática, e que está a ter gran acollida dende a súa posta en marcha en marzo pasado. O alumnado foi o que realizou as suxerencias para a selección dos libros que estarían en préstamo, ademais de levar unha axenda con comentarios das lecturas.
Durante a xornada tivo lugar unha demostración dunha nova aplicación de envío de mensaxes ós móbiles do alumnado, con información relevante sobre eventos académicos, calendarios de exames e avaliacións, entre outros. Prevén que a aplicación estea operativa o vindeiro curso.
Por último, os asistentes interesáronse polas práticas que o alumnado vén realizando dende hai anos en empresas españolas e doutros países da Unión Europea. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade suma apoios

Seguinte Nova

Formación para o emprendemento e a posta en valor dos recursos da nosa provincia

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

A %d blogueros les gusta esto: