•78 cidades de España e América Latina presentáronse a estes premios •Monforte xa recibira en 2012 a Escoba de Prata
A xestión dos residuos e limpeza urbana que realiza o Concello de Monforte vén de ser recoñecida cunha nova distinción. Trátase da Escoba de Oro 2014, galardón concedido pola Asociación Técnica para a Xestión de Residuos e Medio Ambiente (ATEGRUS), como recoñecemento ós municipios, mancomunidades, cabildos, comunidades autónomas, empresas, enxeñerías e consultorías máis destacados neste eido.
Un total de 78 cidades de España e América Latina concurriron como candidatas ós premios da edición deste ano.
MONFORTE DE LEMOS, PREMIADA NA CATEGORÍA DE POBOACIÓNS DE MENOS DE 20.000 HABITANTES
A ceremonia de entrega dos XIV Premios Escobas de Platino, Oro y Plata 2014 tivo lugar en Madrid o pasado 12 de xuño, nun acto presidido pola Embaixadora de México en España, Roberta Lajous Vargas, acompañada polo Presidente da Junta Rectora de IFEMA, José Mª Álvarez del Manzano, o Director Xeral desta institución, Fermín Lucas, e por Mario Tavares Russo, Representante de ISWA, a Asociación Internacional de Residuos Sólidos, e Rafael Arjona Jiménez, Presidente da Asociación Nacional de Empresas Públicas do Medio Ambiente. O alcalde de Monforte, Severino Rodríguez, recolleu o premio concedido ó Concello dentro da categoría de poboacións de menos de 20.000 habitantes.
Según os responsables municipais, este galardón vén recoñecer a continuidade do traballo do Concello de Monforte para conseguir unha cidade máis limpa. Xa en 2012, o Concello de Monforte foi premiado por este mesmo concepto coa Escoba de Plata.•