Sober conta cun Punto de Información Catastral

Dende o pasado 13 de xuño, xa está a disposición da veciñanza de Sober un Punto de Información Catastral. Este novo servizo ofrecerase na propia Casa Consistorial en horario de 9 a 14 horas, de luns a venres.

ESTE SERVIZO AFORRARÁ DESPRAZAMENTOS A LUGO
O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, destacou que con este servizo os veciños e veciñas da localidade non terán que desprazarse a Lugo para conseguir información de relevancia sobre as súas propiedades. Según informou o rexedor local, o Concello de Sober xa está autorizado a expedir gráficas descritivas das fincas e das propiedades, sempre e cando as solicite o titular correspondente.

CÓMO EMPREGAR O NOVO PUNTO DE INFORMACIÓN CATASTRAL DE SOBER
Neste sentido, os documentos que emita o Concello de Sober son válidos e precisos para a solicitude de subvencións, entre outras, e teñen validez ante notario. Para poder obtelas será preciso que as fincas estean a nome do titular, que poderá acceder el mesmo á información ou ben a través de persoa autorizada presentando unha copia do DNI e cubrindo unha solicitude.

OUTROS TRÁMITES CATASTRAIS DO CONCELLO
Ademais deste servizo, a autorización da Axencia Territorial do Catastro permite que o Goberno local obteña información de interés referente a datos catastrais, altas de casas, e similares.

SERVIZO GRATUÍTO DE XESTIÓN CATASTRAL OS DÍAS DE FEIRA EN SOBER
Por outra banda, e aparte deste Punto de Información Catastral, o Concello de Sober conta cun servizo gratuíto de xestión de trámites catastrais todos os días 12 e 28 de cada mes, que se corresponden cos días de feira en Sober.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Rubián acollerá o 14 de xullo unha nova edición da Feira Tradicional Outrora

Seguinte Nova

Adxudicadas a 5 empresas locais obras por 121.500 euros en Sober

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

Ir aInicio

Don't Miss