A Consellería de Traballo e Benestar subvenciona a 16 concellos e entidades da provincia para o desenvolvemento de proxectos de voluntariado que deberán levar a cabo mozos e mozas menores de 30 anos e que terán unha duración de entre 15 días e dous meses. Presentaron solicitude 8 concellos, que se van repartir 13.486 euros, e 8 entidades de acción voluntaria, que van recibir 9.503 euros en base ós proxectos de acción voluntaria presentados, nos que se implican 26 mozos e 43 mozas que farán 14.238 horas de voluntariado.
As actividades con colectivos en situación de risco supoñen o 56% dos proxectos subvencionados na provincia, seguidas das iniciativas de actuación con colectivos xuvenís, que son o 37,5%. Teñen tamén presenza as actividades relacionadas coa igualdade de xénero (12,5% das iniciativas subvencionadas) e co Camiño de Santiago (12,5%) así como accións de recuperación da cultura, arte ou tradicións populares galegas (6,25% dos proxectos).•
Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO
O pasado 19 de xullo, os representantes da Asociación Veciñal do Saviñao entregaron no Concello un
• Fixeron traballos de limpeza do acceso do camiño que leva á fonte publica, ante o
• Redacción- MONFORTE. a Asociación Monfortina de Amigos do Ferrocarril (AMAFER), no 25 aniversario da súa
O Concello da Pobra do Brollón está a desenvolver o programa «Déixate guiar», que ofrece cinco
A Área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación ten en marcha durante os meses de verán