A campaña #paraestudarlugo promociona a capital provincial como cidade universitaria

Esta campaña usa como canles principais as redes sociais e internet

O obxectivo da campaña #paraestudarlugo é procurar o aumento de matriculacións no Campus Universitario de Lugo dende o vindeiro curso académico. (Foto cedida: http://paraestudarlugo.com).
O obxectivo da campaña #paraestudarlugo é procurar o aumento de matriculacións no Campus Universitario de Lugo dende o vindeiro curso académico. (Foto cedida: http://paraestudarlugo.com).

• Dende este mes de xullo, está en marcha a campaña #paraestudarlugo, unha iniciativa que busca promocionar Lugo como cidade universitaria, atraendo estudiantes ó seu Campus. Esta campaña foi posta en marcha pola Deputación de Lugo, en colaboración co Campus lucense da Universidade de Santiago, e céntrase sobre todo nas redes sociais e na internet como vehículos de información das características dos estudos universitarios que se poden realizar en Lugo, así como das vantaxes e posibilidades da capital provincial para as estadías dos estudantes.

CAMPAÑA CON TRIPLE OBXECTIVO
Según explicaron os responsables provinciais, esta campaña procura tres obxectivos. Por unha banda, trátase de promocionar a calidade de vida de Lugo, e por outra, o potencial do Campus lucense como destino para os novos universitarios, xa que conta cunha das ofertas académicas máis plurais de Galicia. Ademais, a campaña busca aumentar a matriculación en determinados graos universitarios que viron diminuír o número de alumnos nos últimos anos.

PROMOCIÓN EN REDES SOCIAIS E INTERNET
As principais características que definen á cidade de Lugo e ó seu Campus universitario poden coñecerse no microsite http://paraestudarlugo.com, eixo da campaña promovida pola Deputación en colaboración co Campus lucense da USC. Esta site xa superou as 2.000 visitas nos primeiros días da súa posta en marcha, recibindo visitas de toda Galicia, e tamén doutras comunidades como León, Madrid ou Cataluña.

MÁIS DE 10.000 PERSOAS SEGUIRON O FACEBOOK DA CAMPAÑA NO DÍA DE LANZAMENTO
Ademais, a campaña está apoiada con outras accións en redes sociais tanto dende a Deputación de Lugo como da Universidade de Santiago de Compostela, cunha boa acollida polos usuarios. En twitter, deuse a coñecer a través do hashtag #paraestudarlugo, e a conta de facebook correspondiente a esta campaña acadou un impacto de máis de 10.000 persoas no seu primeiro día de vida.

DESCONTOS DO 50% NA MATRÍCULA
A campaña está a informar sobre un plan de bolsas para gastos de matrícula nas titulacións con problemas de demanda, cun desconto do 50% na matrícula de novos alumnos. As titulacións beneficiadas son Grao de Enxeñaría en Procesos Químicos Industriais; Enxeñaría Civil; Enxeñaría en Xeomática e Topografía; Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria; Enxeñaría Forestal e do Medio Natural; Lingua e Literatura Españolas; Ciencias da Cultura e Difusión Cultural. O desconto será automático ó momento de pagar as taxas. •

Medidas do Plan de Choque para impulsar o Campus lucense

Esta campaña forma parte do Plan de Choque para o impulso do Campus de Lugo que o Presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, e o reitor da USC, Juan Manuel Viaño Rey, presentaron o mes pasado baixo un protocolo de colaboración entre ambas entidades. Este plan de choque inclúe 13 medidas, co obxectivo de combater a perda de alumnado, que está a ser o principal problema da Universidade.
O plan de promoción de Lugo como cidade universitaria, das titulacións do seu Campus, e o plan de bolsas para gastos de matrícula nas titulacións con problemas de demanda xa está en marcha con esta campaña. Ademais, tratarase de captar estudantes doutras nacionalidades. Outras medidas do Plan de Choque van orientadas a desenvolver un plan de apoio para as prácticas de campo, outro de bolsas de investigación en grupos, fomento dos Máster, e potenciar os cursos de verán na provincia de Lugo. Ademais, contémplase realizar un estudo sobre a posibilidade de uso da Granxa Gayoso Castro para prácticas universitarias. Por outra banda, tratarase de impulsar a docencia semipresencial ou a distancia coas novas tecnoloxías, fixar incentivos de Traballos de Fin de Grao e Máster, impulsar a divulgación científica e captación de novos talentos, incrementar os fondos na Biblioteca Intercentros, e analizar as infraestruturas deportivas e docentes.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Música e impulso á Ribeira Sacra no IV Campus de creación artística Ventos do Norte

Seguinte Nova

UGT-Lemos denuncia que o emprego xerado nos últimos meses “estase a instalar na precariedade”

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

A %d blogueros les gusta esto: