A CONFIANZA DOS FOGARES GALEGOS ACADOU NO SEGUNDO TRIMESTRE O NIVEL MÁIS ALTO DENDE 2007

O indicador de confianza dos fogares galegos correspondente ó segundo trimestre do ano mellorou en máis de 9 puntos respecto ao trimestre anterior, e acada o nivel máis alto dende mediados de 2007, segundo a Enquisa Coxuntural a Fogares publicada este mes polo Instituto Galego de Estatística-IGE. Este indicador mide as perspectivas dos consumidores e fogares respecto ás súas expectativas de gasto e aforro, e a percepción sobre a súa situación financeira persoal e sobre a situación económica de Galicia. A enquisa do IGE indica que as familias galegas prevén unha melloría da súa situación financeira persoal, co que este indicador medra en 5,2 puntos. Estiman unha melloría da capacidade futura de aforro, cun aumento de 9 puntos respecto ó primeiro trimestre. Sobre a situación económica de Galicia, o incremento é de máis de 12 puntos, e as perspectivas de evolución do desemprego tamén melloran en 11,4 puntos.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

En marcha o Tren Turístico da Ruta do Viño da Ribeira Sacra

Seguinte Nova

O COLEXIO DE LA MERCED, EN SARRIA, INCORPÓRASE Á REDE DE CENTROS PLURILINGÜES DA CONSELLERÍA D EDUCACIÓN

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

 
A %d blogueros les gusta esto: