A Pobra do Brollón reivindicou a súa historia na I Feira Medieval Guímara

O campo da feira de Brollón recreou a revolta dos guímaros contra o abuso do Conde de Lemos

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

O sábado 12 de xullo, A Pobra do Brollón rescatou o seu espíritu máis reivindicativo para exaltar dun xeito lúdico un anaco da súa historia. A I Feira Medieval Guímara lembrou o episodio histórico, acontecido hai quinientos anos, da revolta dos guímaros, poboadores das terras do Brollón, fronte ós abusos cometidos polo Conde de Lemos. Fartos do sometemento que exercía sobre este pobo o nobre monfortino, a través de gravosos tributos e excesos coa poboación, as xentes guímaras plantáronse diante do enviado do Conde de Lemos e das súas hostes, e conseguiron botar fóra ó asoballador. Así quedou recollido na estupenda recreación teatralizada que realizaron os veciños e veciñas de A Pobra do Brollón durante a I Feira Medieval Guímara. O espectáculo foi seguido polo numeroso público que se achegou ata o campo da feira de Brollón para disfrutar desta xornada de lecer e memoria. Novos e vellos participaron activamente na recreación da revolta guímara, cunha acertada caracterización da veciñanza participante.
Na I Feira Medieval Guímara de A Pobra do Brollón estiveron presentes diversos artesáns da comarca, que deron a coñecer o seu oficio ós máis novos a través de obradoiros realizados no propio espazo da Feira. O público coñeceu os produtos realizados polos artesáns da comarca presentes na I Feira Medieval Guímara de A Pobra do Brollón. Ademais, disfrutou da xornada festiva con diversas actividades, como unha espectacular exhibición de cetrería.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Investimento de máis de 500.000 euros para mellorar o acceso a preto de 30 núcleos rurais en O Saviñao

Seguinte Nova

885.000 euros para convertir Tor na referencia galega da promoción económica do rural

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: