A Xunta facilita a contratación de 108 socorristas para as praias e piscinas dos 28 concellos que o solicitaron na provincia de Lugo

A Consellería de Traballo e Benestar comezou a autorizar a contratación de socorristas xa a mediados de xuño, o que permitiu que o servizo estea en marcha dende o primeiro de xullo na maioría das praias da Mariña, entre outros puntos. Estas axudas da Xunta de Galicia rondan os 320.000 euros, investimento semellante ó do pasado exercicio. Con estas achegas facilítase que os municipios da costa poidan contar con persoal que garanta a seguridade e vixilancia das praias durante os meses de verán, pero tamén benefician a municipios do interior que contratan persoal de salvamento nas piscinas, neste caso, un total de 14 socorristas. Nos municipios da Mariña traballarán 87 socorristas, 84 deles destinados nas praias da comarca costeira lucense. A Xunta mantén nos areais da comarca da Mariña o mesmo nivel de especialistas do pasado ano.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Orzamento de 18,2 millóns de euros para a conservación da rede de estradas provinciais

Seguinte Nova

Aberto o prazo para participar no programa “Movémonos”

Últimas noticias sobre DEPORTES

A %d blogueros les gusta esto: