Aberta ata o 14 de agosto a inscrición no II Obradoiro de Verán “Música e Baile” de Monforte

• O II Obradoiro de Verán Música e Baile desenvolverase do 18 ó 29 de agosto nas instalacións do Conservatorio Municipal de Música “Mestre Ibáñez”, situadas no Edificio Multiusos. O obradoiro ofrece diversos talleres de música e baile, para todos os públicos e en niveis de formación iniciación, reforzo e avanzado. As sesións terán lugar de luns a venres de 10 a 13 horas para, agás o de Baile de Salón, que será de 13 a 14 horas.
Cada participante poderá inscribirse nun máximo de catro modalidades, por un prezo de 25 euros. As modalidade ofrecidas en música son: Taller de Música e Movemento -Hip Hop (para nenos entre 5 e 9 anos); Improvisación e Creación Musical Moderna (dirixido a tódolos instrumentos); Percusión Moderna – Batería; Gaita e Percusión Galega; Guitarra; Piano; Violín; Vento Madeira (Clarinete, Saxofón e Frauta); Vento Metal (Trompeta, Trombón, Trompa e Tuba). En baile, as modalidades son: Ballet Clásico (a partir de 6 anos); Danza Moderna (a partir de 9 anos); Danza Tradicional Galega (tódalas idades); e Baile de Salón (adultos). A inscrición deberá realizarse nas oficinas da alcaldía do Concello de Monforte ata o 14 de agosto.•

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

ATA O 31 DE XULLO PODEN ENVIARSE TRABALLOS Ó CONCURSO DE DEBUXO INFANTIL DO CONCELLO DE QUIROGA

Seguinte Nova

Música e impulso á Ribeira Sacra no IV Campus de creación artística Ventos do Norte

Últimas noticias sobre CULTURA

Ir aInicio

Don't Miss