ABERTO ATA O 31 DE XULLO O PRAZO PARA SOLICITAR AS AXUDAS DESTINADAS PARA A REHABILITACIÓN DE FACHADAS DE GRANITO E DE TEITOS E CUBERTAS CON TELLA CERÁMICA OU LOUSA

A Consellería de Economía e Industria activou por primeira vez un pioneiro Plan Renove conxunto de lousa, granito e tella que aspira a impulsar a competitividade do sector promovendo a mellora da eficiencia enerxética das vivendas galegas. A orde de axudas saiu publicada no Diario Oficial de Galicia o 30 de xuño. Dentro deste plan, a Xunta de Galicia destina 600.000 euros aos diferentes sectores relacionados coa pedra ornamental, o que permitirá mobilizar un total de 3 millóns de euros co desenvolvemento de diferentes actuacións que contribuirán a diminuír o gasto enerxético nos fogares galegos, acadándose deste xeito un importante aforro económico.

BENEFICIARIOS DESTE PLAN RENOVE DE FACHADAS DE GRANITO E TEITOS DE LOUSA OU TELLA CERÁMICA
A convocatoria, dirixida aos propietarios e comunidades de veciños, terá aberto o prazo de presentación de solicitudes ata o 31 de xullo, achegando apoios que cobren ata o 30% do total do custo subvencionable por proxecto. Estes custos serán, no caso da lousa, dun máximo de 70 euros por metro cadrado de cuberta; de 55 euros para a tella cerámica; e de 110 a 140 euros por metro cadrado en función do tipo de fachada de granito. As actuacións inclúen, ademais dos materiais, o desmontaxe das cubertas existentes e a montaxe das novas, así como os proxectos de arquitectura ou enxeñaría necesarios e os custos de licenzas.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

69 MOZOS E MOZAS LUCENSES PARTICIPARÁN EN 18 PROXECTOS DE VOLUNTARIADO SUBVENCIONADOS POLA XUNTA NA NOSA PROVINCIA

Seguinte Nova

Investimento de máis de 500.000 euros para mellorar o acceso a preto de 30 núcleos rurais en O Saviñao

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

A %d blogueros les gusta esto: