A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas vén de adxudicar por 23355 euros as obras de mellora das estacións de autobuses de Sarria, Viveiro, Ribadeo, Mondoñedo e Vilalba, dentro do Plan Renove de Galicia. Os traballos comezarán a finais de xullo, e estímanse que estean rematados no prazo dun mes. No caso da estación de Sarria, os traballos consistirán na mellora das instalacións a través de arranxos nos falsos teitos, aseos, puntos de luz ou canalóns; o pintado dos bancos e a limpeza do lucernario, así como a potenciación da accesibilidade dos usuarios da estación.•
Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS
A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo vén de aprobar os acordos cos que mobiliza
O concello de Pantón aprobou na última sesión plenaria o convenio coa Confederación Hidrográfica Miño Sil
Non se pode dicir que Monforte sexa unha cidade na que historicamente se dedicou atención ao
O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, acompañado do delegado territorial da Xunta en
A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, destacou en Pantón a pegada que está a