A Área de Educación do Concello de Quiroga organiza este verán un Concurso de Debuxo Infantil, dirixido a nenos e nenas de entre 3 a 12 anos. Acéptase calquer técnica de elaboración do debuxo, que deberá ser orixinal, ter un tamaño mínimo de A4, e estar inspirado no tema “Verán en Quiroga”. No reverso do debuxo irán indicados o nome e apelidos do autor, dirección e teléfono de contacto. O traballo presentarase ata o 31 de xullo na Casa da Cultura de Quiroga en sobre pechado, no que se indicará de xeito visible na parte exterior a idade e o nome do participante. O concurso terá tres modalidades: de 3 a 5 anos; de 6 a 8 anos; e de 9 a 12 anos. Concederanse tres premios sorpresa por categoría. A entrega dos premios terá lugar durante as Festas de Verán de Quiroga.•
Últimas noticias sobre CULTURA
Con este título, a fotógrafa e veterinaria Tamara Lebón, mostra na Casa de Cultura Lois Pereiro
A Antiga Prisión Preventiva de Sarria, hoxe sede da Oficina Municipal de Turismo, abriu as súas
Adrián Enríquez presentou o seu libro ‘Despertar en la oscuridad’ en Bóveda este sábado, nun evento
Terán lugar os días 6 e 7 de maio, e supoñen un punto de encontro entre