Brollón, Sober e Carballedo acollerán actividades do programa Augalingua en xullo e agosto

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

• O programa de dinamización lingüística FalaRedes, organizado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística, está a desenvolver este verán a actividade Augalingua, percorrendo un total de 20 concellos integrados na Rede de Dinamización Lingüística da Xunta de Galicia.

DATAS NO SUR DE LUGO
Tres concellos do sur de Lugo acollerán a actividade Augalingua. Así, a cita en A Pobra do Brollón será o mércores 30 de xullo, na praia fluvial da Área de Samugueiros, de 17 a 19 horas. En Sober, Augalingua ocupará o tempo de ocio da rapazada o xoves 31 de xullo na piscina municipal, de 16 a 18 horas. Por último, a cita en Carballedo será o venres 1 de agosto, na piscina municipal, de 17 a 19 horas.

REFRESCAR A LINGUA GALEGA A TRAVÉS DO XOGO
A actividade Augalingua vai dirixida ós rapaces e rapazas de entre 6 e 12 anos, coa finalidade de que se acheguen ó galego de xeito lúdico e participativo durante o seu tempo de ocio nas piscinas municipais ou praias fluviais do seu municipio. En Augalingua, desenvolverase unha xincana lingüística na que os participantes tamén terán que superar unha serie de probas de habilidade e rapidez, sempre supervisados e apoiados polos monitores.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Os territorios do antigo Condado de Pallares voltan a apostar pola investigación cultural na nova edición do Certame de Investigación

Seguinte Nova

O IES A Pinguela, incluído de novo no programa de mobilidade Erasmus Plus da Unión Europea

Últimas noticias sobre CULTURA

PROGRAMA LUGOTERMAL 2024_2025

A Deputación abrirá o prazo de inscrición ás 09:00 horas do luns 02.12.2024 da nova edición do LugoTermal, con máis de 1.700 prazas. 
Ir aInicio

Don't Miss