Convenio entre a Deputación e o Consorcio para dinamizar o turismo nos 13 concellos lucenses da Ribeira Sacra

O Concello de Monforte acolleu a sinatura deste protocolo

O presidente do Consorcio de Turismo Ribeira Sacra, Juan Carlos Armesto; o alcalde de Monforte, Severino Rodríguez; e o delegado de Cultura e Turismo da Vicepresidencia primeira da Deputación de Lugo, Mario Outeiro, trala sinatura do convenio na Casa Consistorial de Monforte o pasado 15 de xullo. GPVDL.
O presidente do Consorcio de Turismo Ribeira Sacra, Juan Carlos Armesto; o alcalde de Monforte, Severino Rodríguez; e o delegado de Cultura e Turismo da Vicepresidencia primeira da Deputación de Lugo, Mario Outeiro, trala sinatura do convenio na Casa Consistorial de Monforte o pasado 15 de xullo. GPVDL.

• O 15 de xullo tivo lugar na Casa Consistorial de Monforte a sinatura do convenio de colaboración entre a Deputación de Lugo e o Consorcio de Turismo Ribeira Sacra para dinamizar o turismo nos 13 concellos lucenses integrados neste xeodestino turístico. A sinatura deste protocolo contou coa presencia do delegado de Cultura e Turismo da Vicepresidencia primeira da Deputación lucense, Mario Outeiro, do presidente do Consorcio de Turismo, Juan Carlos Armesto, e do alcalde de Monforte, Severino Rodríguez, como anfitrión desta xuntanza.

APOSTA POLO TURISMO DE CALIDADE
Según explicaron os responsables da Deputación, este convenio, por valor de 20.000 euros, permitirá ó Consorcio de Turismo continuar coa súa actividade de dinamización e potenciación do turismo nos 13 concellos do sur lucense que conforman a Ribeira Sacra. O delegado de Cultura e Turismo do organismo provincial suliñou a aposta da Deputación por este xeodestino, xa que “o elemento aglutinador da Ribeira Sacra, que son os ríos Miño, Sil e Cabe, debuxan unha paisaxe única e unha terra singular de enorme valor medioambiental ademais do seu valioso patrimonio histórico, conxunción que permite ofertar paquetes turísticos inigualábeis”.

IMPULSO DA DECLARACIÓN DA RIBEIRA SACRA COMO PATRIMONIO DA HUMANIDADE
Ademais, Outeiro lembrou que a “proba definitiva” da aposta da Deputación de Lugo pola Ribeira Sacra está a ser a petición da declaración de Patrimonio da Humanidade para este xeodestino. O responsable provincial destacou que esta iniciativa de recoñecemento internacional foi impulsada pola Deputación lucense en colaboración coa Deputación de Ourense, e que xa foi respaldada polo Senado e o Valedor do Pobo, así como por milleiros de sinaturas de cidadáns anónimos.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

UGT-Lemos denuncia que o emprego xerado nos últimos meses “estase a instalar na precariedade”

Seguinte Nova

Exaltación en Rubián do espíritu das feiras de antes

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: