En marcha o Tren Turístico da Ruta do Viño da Ribeira Sacra

•A viaxe inaugural desenvolveuse o 5 de xullo •Este tren estará operativo ata finais de setembro, con seis viaxes ó longo deste verán

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro Domínguez, e a delegada territorial da Xunta de Galicia en Lugo, Raquel Arias, durante a viaxe inaugural do Tren Turístico da Ruta do Viño da Ribeira Sacra, na estación de Canabal, acompañadas do alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián.  GPXG.
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro Domínguez, e a delegada territorial da Xunta de Galicia en Lugo, Raquel Arias, durante a viaxe inaugural do Tren Turístico da Ruta do Viño da Ribeira Sacra, na estación de Canabal, acompañadas do alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián. GPXG.

• O 5 de xullo tivo lugar a viaxe inaugural do Tren Turístico da Ruta do Viño da Ribeira Sacra, que percorrerá as terras desta Denominación de Orixe dende este mes ata finais de setembro. Este itinerario forma parte do programa «Galicia a todo tren», promovido por Turismo de Galicia en colaboración con Renfe, e que inclúe rutas turísticas en tren pola Ruta dos Faros e pola Ruta dos Pazos e Xardíns históricos, así como cinco rutas en tren polas Rutas do Viño das cinco Denominacións de Orixe vitivinícolas galegas.
Para abrir este ciclo, a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e a delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, percorreron un tramo da ruta do tren dos viños da Ribeira Sacra. Castro destacou que “os trens turísticos son un exemplo de colaboración para ofrecer un produto de calidade grazas á creación de sinerxías que combinan o aproveitamento turístico do territorio e a preservación do medio ambiente”.

MEDRARON AS CIFRAS TURÍSTICAS DA RIBEIRA SACRA
A directora de Turismo de Galicia suliñou que este tren permitirá seguir mellorando as cifras turísticas da Ribeira Sacra, e referiuse ós últimos datos publicados para esta zona polo Instituto Nacional de Estatística. Según este informe, os viaxeiros medraron en maio de 2014 un 25,2% respecto de maio de 2013, e a cifra de pernoitas superou nun 31,8% as rexistradas en maio de 2013. En canto á procedencia, os viaxeiros nacionais en maio medraron un 39,2% respecto dos recibidos en maio de 2013, e os viaxeiros estranxeiros medraron preto dun 15%.

ITINERARIO DO TREN TURÍSTICO
Según informa Renfe na web www.renfe.es, o Tren Turístico da Ruta do Viño da Ribeira Sacra viaxará o 20 de xullo, o 2, 17 e 30 de agosto, e o 14 e 27 de setembro. O itinerario partirá ás 9,40 da estación de Ourense con destino a Os Peares, onde se visitará a estación, e seguirá ata Canabal. A continuación, realizarase un percorrido pola Ribeira de Doade a bordo do tren turístico Aba Sacra. Logo, terá lugar unha visita ó Centro de Interpretación do Viño en Monforte, con tempo libre para xantar na cidade do Cabe. Os viaxeiros voltarán ó tren para achegarse a San Estevo de Sil, realizarán un percorrido en catamarán con queimada teatralizada. Para rematar, ás 20,30 sairá o tren dende San Estevo, con chegada a Ourense prevista para as 20,56 horas.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Visitas guiadas polo mosteiro de Samos ata decembro

Seguinte Nova

A CONFIANZA DOS FOGARES GALEGOS ACADOU NO SEGUNDO TRIMESTRE O NIVEL MÁIS ALTO DENDE 2007

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

A %d blogueros les gusta esto: