Investimento de máis de 500.000 euros para mellorar o acceso a preto de 30 núcleos rurais en O Saviñao

•A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Ethel Vázquez, asinou o convenio na Casa Consistorial de Escairón

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Ethel Vázquez, asinou o convenio co alcalde de O Saviñao, Joaquín González, en presencia da secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Encarnación Rivas, e a delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias. O acto tivo lugar no Concello de O Saviñao o pasado 1 de xullo.  CMATI.
A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Ethel Vázquez, asinou o convenio co alcalde de O Saviñao, Joaquín González, en presencia da secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Encarnación Rivas, e a delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias. O acto tivo lugar no Concello de O Saviñao o pasado 1 de xullo. CMATI.

• O pasado 1 de xullo, a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Ethel Vázquez, acompañada pola delegada Territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, e pola secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Encarnación Rivas, asinou un convenio de colaboración co alcalde de O Saviñao, Joaquín González, para o desenvolvemento das obras de acondicionamento e mellora de accesos a núcleos rurais. O investimento total será de 529.874,98 euros, que se adicarán á mellora de 29 accesos a núcleos rurais neste municipio, que suman preto de 30 quilómetros.
Ethel Vázquez indicou que estas obras licitaranse o vindeiro mes de setembro, para comezar a traballar sobre o terreo “posiblemente a finais de novembro”, cun prazo de execución de catro meses.
A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas explicou que o obxectivo destes investimentos “é facer de Galicia un territorio máis sostible, ordenado e vertebrado, un territorio mellor para vivir e que permita un mellor desenvolvemento para as xeracións futuras”, asegurou.
Os traballos comezarán coa limpeza, adecuación de firmes, mellora da subbase do espazo necesario para os viais, bacheo e rexeneración. Logo, realizaranse os perfilados e rasanteos axeitados para servir de soporte ao firme de rodadura, para o que se aplicará formigón ou rego asfáltico. Finalmente, prepararanse as zanxas laterais e acondicionaranse os accesos existentes ás fincas colindantes.
Os puntos que se mellorarán son Alperiz, Aiaz-Sur, Campo Aiaz-Estrada de Monforte, Agra-Valdorrama, Os Pozos-Souceda, Orxainza-Lamapodre, Lamapodre-Pimento, Lamapodre-Casa Félix, Lamapodre-Sobreda, Besta-Sardiñeira, Vilaseco-Quintairo, lugar de San Adrian, Tramo Mosiños-C-533, lugar de Felon, lugar de Belesar Viñas, tramo Vilamor-C-533, tramo Mourelos-Eirexe, tramo Senra-Reguenga, tramo Sobrado-Arxemil, tramo Louredo-Santantuiño, tramo Cirdeiro-Casa do Monte, tramo Ousende-Muro, tramo Gruñedo-Chave, lugar de Troifil, lugar de Cansavacas, lugar de Belesar Viñas (Novo), lugar de Vilarello, lugar de Susavila, e Tramo de Alperiz-Casa Brea.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

ABERTO ATA O 31 DE XULLO O PRAZO PARA SOLICITAR AS AXUDAS DESTINADAS PARA A REHABILITACIÓN DE FACHADAS DE GRANITO E DE TEITOS E CUBERTAS CON TELLA CERÁMICA OU LOUSA

Seguinte Nova

A Pobra do Brollón reivindicou a súa historia na I Feira Medieval Guímara

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

Ir aInicio

Don't Miss