Dende o vindeiro curso 2014-2015, este colexio sarrián integrarase na rede de 220 centros educativos que incluirán o inglés como idioma de impartición de materias non lingüísticas. O obxectivo desta programación plurilingüe é acadar unha cobertura lingüística en tres idiomas, de xeito que un tercio do horario lectivo corresponda ó galego, outro tercio ó castelán, e o restante en inglés. A Rede de Centros Plurilingües sumará o vindeiro curso 35 novos colexios en toda Galicia, dos que seis corresponden á provincia de Lugo. •