• O día 10 presentouse en Lugo a oitava edición do Certame de Investigación Lingüística Condado de Pallares, que premiará con 3.000 euros e a publicación da obra ó mellor traballo inédito en lingua galega sobre etnografía, arte, antropoloxía ou lingua do territorio que integraba o antigo Condado de Pallares, é dicir, Guntín, Portomarín, Taboada, Chantada e Carballedo. Esta iniciativa cultural está promovida pola Asociación de Amigos do Mosteiro de Ferreira de Pallares, e conta coa colaboración da Consellería de Cultura e Educación da Xunta de Galicia, a área de Cultura da Deputación de Lugo, e os concellos de Chantada, Carballedo, Taboada, Portomarín e Guntín. •