PREMIOS DA XXVI CATA DOS VIÑOS DE GALICIA

Foto de familia dos premiados na XXVI Cata de Viños de Galicia. (Foto cedida).
Foto de familia dos premiados na XXVI Cata de Viños de Galicia. (Foto cedida).

Xullo foi o mes no que se recoñeceu o traballo dos adegueiros das cinco Denominacións de Orixe da nosa Comunidade, coa entrega dos premios da XXVI Cata dos Viños de Galicia. O premio na modalidade de colleiteiro e pequenas adegas en viño tinto caeu na Ribeira Sacra, para o mencía Sollío, da adega Victorino Alvarez Rodríguez. Os premios da Denominación de Orixe Ribeira Sacra recaeron no mencía San Mamed, de Rosa Mª Pumar Rodríguez, co primeiro premio e Acio de Ouro. O segundo posto e Acio de Prata foi para o mencía Regina Viarum, das adegas Regina Viarum. En terceiro lugar, e Acio de Bronce, o viño Peza do Rei, da Adega Cachín. Co cuarto posto e diploma foi premiado As Glorias, de Adegas Amedo. O quinto e sexto posto con diplomas foron, para o mencía Casa Moreiras e o Viña Vella de SAT Virxe dos Remedios. (Foto: CMRM). •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Exaltación en Rubián do espíritu das feiras de antes

Seguinte Nova

Ata o 31 de xullo estará en marcha en Sarria a campaña «Máis que comercio!

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

A %d blogueros les gusta esto: