Visitas guiadas polo mosteiro de Samos ata decembro

•Un convenio entre a Área de Cultura da Deputación e a Abadía de Samos permite ter un guía profesional neste Ben de Interés Cultural

O delegado de Cultura da Deputación, Mario Outeiro, seguiu unha visita guiada polo conxunto histórico-artístico da Real Abadía de San Julián e Santa Basilisa de Samos.  GPVDL.
O delegado de Cultura da Deputación, Mario Outeiro, seguiu unha visita guiada polo conxunto histórico-artístico da Real Abadía de San Julián e Santa Basilisa de Samos. GPVDL.

• Dende o mes de maio, e ata decembro deste ano, o conxunto histórico-artísico da Real Abadía de San Julián e Santa Basilisa de Samos dispón dun guía profesional para achegar ós visitantes os aspectos máis interesantes deste Ben de Interés Cultural. Así o destacou o delegado de Cultura da Deputación de Lugo, Mario Outeiro, durante a súa visita ó mosteiro de Samos, o pasado día 9.

INFORMACIÓN EN VARIOS IDIOMAS PARA OS VIAXEIROS ESTRANXEIROS
Outeiro lembrou que a contratación deste guía turístico realizouse en virtude dun convenio entre a Área de Cultura da Deputación e a Abadía de Samos, por valor de 5.000 euros. Este profesional ofrecerá explicacións en galego, castelán, inglés, francés e alemán sobre este entorno histórico-artístico, así como información sobre outros puntos de interés da comarca de Sarria, a provincia de Lugo, o Camiño de Santiago e outros de interés turístico a nivel galego.
Mario Outeiro destacou a importancia de contratar «guías turísticos profesionais, con experiencia e con coñecemento de idiomas, para poder ensinar o noso patrimonio a todos aqueles que se acheguen». O responsable provincial destacou o valor da abadía de Samos na súa arquitectura, arte, paisaxe e «como parada obrigada do Camiño de Santiago».•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Ata o 31 de xullo estará en marcha en Sarria a campaña «Máis que comercio!

Seguinte Nova

En marcha o Tren Turístico da Ruta do Viño da Ribeira Sacra

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: