213 xogadores no OCA Maragogi TAP Portugal en Pantón

Foto de familia dos gañadores do OCA Maragogi TAP Portugal, celebrado nas instalación de golf de Augas Santas do 24 ó 26 de xullo. (Foto cedida).
Foto de familia dos gañadores do OCA Maragogi TAP Portugal, celebrado nas instalación de golf de Augas Santas do 24 ó 26 de xullo. (Foto cedida).

• Do 24 ó 26 de xullo, celebrouse nas instalacións de Augas Santas en Pantón o OCA Maragogi TAP Portugal, no que participaron 213 xogadores na modalidade individual stableford handicap, competindo en dúas categorías.
Os vencedores foron Balbino Álvarez López, gañador na primeira categoría con 43 puntos, e Oscar Pérez Rodríguez, que se impuxo na segunda categoría cun impresionante resultado de 46 puntos. Ambos recibiron como premio unhas vacacións voando coa compañía TAP e aloxamento no Hotel OCA Maragogi de Brasil.
A segunda posición, premiada cunhas vacacións na illa de Madeira voando con TAP foi para Gabriel Fernández López, con 38 ptos na primeira categoría, e foi segundo Juan José Rodríguez Losada con 39 ptos na segunda categoría.
Arcadio Fernández Olay e Miguel Rodicio Portela foron terceiros en ambas categorías. O vencedor scratch do torneo foi para José Benito Vázquez, Isabel Fernández gañou en damas, e Manuel Blanco Guerra foi o mellor senior.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Sarria acolleu por sexto ano consecutivo o campus Baloncesto no Camiño

Seguinte Nova

Reforzo de 10 millóns de euros nos investimentos provinciais para este ano

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: