A compostaxe doméstica gaña adeptos na nosa provincia

• Sogama leva distribuídos preto de 700 composteiros en 21 concellos da provincia de Lugo adheridos ó programa de compostaxe doméstica que está a desenvolver esta empresa pública. Máis de 500 unidades corresponderon ós 15 municipios que integran a Mancomunidade da Mariña lucense, e o resto se repartiron entre O Corgo, Pantón, Abadín, Sober, O Saviñao e Folgoso do Courel. Según precisaron os responsables deste proxecto, a totalidade dos gobernos implicados coincidiron en sinalar as vantaxes da autocompostaxe doméstica, a nivel medioambiental e tamén económico.

FORMACIÓN ESPECÍFICA
Ademais da aportación de recipientes para desenvolver os procesos de compostaxe doméstica, Sogama impartiu cursos de formación destinados á veciñanza e ós responsables municipais. Tamén distribuiu manuais específicos para empregar como guía para poder obter o mellor abono a partir da compostaxe.

MÁIS DE 3.000 FOGARES EN GALICIA XA REALIZAN COMPOSTAXE DOMÉSTICA
Sogama informou de que este proxecto de compostaxe doméstica conta con preto de 3.000 fogares adheridos, distribuidos por máis de 70 concellos galegos.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Carballedo acolleu o primeiro campamento con actividades en inglés

Seguinte Nova

A Xunta incorpora nove direccións co dominio .gal

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

A %d blogueros les gusta esto: