A Festa do Río de Monforte, suspendida por non terse aprobado o Orzamento municipal para 2014

Dende o Concello de Monforte afirmaron que a anulación da que sería a 10ª Festa do Río é unha das consecuencias de non terse aprobado o Orzamento municipal para 2014. O equipo de Goberno lamenta a decisión de non celebrar este evento, «referente no calendario de actividades anuais e que atraía numerosos visitantes no mes de xullo», aínda que espera que «en vindeiros anos a solución a estes problemas formais permita funcionar ó Concello con normalidade neste e noutras accións que repercuten directamente nos servizos ós cidadáns». O Concello agradeceu ós colaboradores habituais da Festa do Río, como o Club Quixós, o Club de Pesca de Monforte, a Sociedade de Pesca Val de Lemos e á Asociación de Hostaleiros (APEHL) a súa «boa disposición en anos anteriores e incluso neste, pero o Concello non pode comprometerse xa que non existe partida orzamentaria consignada para este evento».•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

885.000 euros para convertir Tor na referencia galega da promoción económica do rural

Seguinte Nova

José Antonio López Fombona, gañador da 41ª Subida a Chantada

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: