A mediados deste mes, a Fundación CEL-Iniciativas por Lugo asinou un convenio de colaboración co Centro Integrado de Formación Profesional Porta dá Auga, de Ribadeo, e cos institutos de Educación Secundaria de A Pinguela e Daviña Rei de Monforte. O obxectivo é articular unha “colaboración institucional permanente” para desenvolver actuacións de fomento da cultura emprendedora entre os estudantes de formación profesional destes centros, ofrecendo apoio directo a aqueles proxectos empresariais que poidan xurdir no seo destas comunidades educativas. Conferencias, cursos, encontros con emprendedores, e acceso ós servizos e recursos da Fundación CEL para iniciativas empresariais son as accións previstas nestes convenios.
Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO
Gonzalo L. Torres. Moito falamos do Feismo urbanístico en Galicia, e seguro que moitos de nós
O pasado 19 de xullo, os representantes da Asociación Veciñal do Saviñao entregaron no Concello un
• Fixeron traballos de limpeza do acceso do camiño que leva á fonte publica, ante o
• Redacción- MONFORTE. a Asociación Monfortina de Amigos do Ferrocarril (AMAFER), no 25 aniversario da súa
O Concello da Pobra do Brollón está a desenvolver o programa «Déixate guiar», que ofrece cinco