Organizado pola Asociación de Praceiros
• O sábado 19 de xullo tivo lugar na Praza de Abastos de Sarria un obradoiro de cociña para nenos e nenas, organizado pola Asociación de Praceiros. Esta iniciativa congregou a preto dunha vintena de rapaces, que disfrutaron cos tactos e sabores dos produtos, e puideron confeccionar as súas propias creacións.
Un xeito divertido e didáctico de ocupar o tempo de ocio vacacional para os máis novos. •