• Con motivo da celebración do Día de Galicia, a Xunta activou o portal 25dexullo.gal, unha nova web coa que a Administración autonómica se suma ás institucións pioneiras que empregarán por primeira vez o dominio galego. Neste sentido, a Xunta está a estrear esta denominación dixital en cultura.gal, lingua.gal, turismo.gal e axendadixital.gal, que dirixirán aos internautas ás webs de cultura.xunta.es, www.xunta.es/a-lingua-galega, turgalicia.es e amtega.xunta.es. O portal 25dexullo.gal recollerá a historia das Medallas Galicia, e para completar esta presencia no ámbito institucional do dominio galego, activaranse galicia.gal, goberno.gal, que conducirán ás actuais páxinas galicia.es e xunta.es, atriga.gal e un novo espazo, presidente.gal.
A consecución do dominio .gal é o resultado dunha iniciativa impulsada pola Asociación PuntoGal hai oito anos, e que recibiu o apoio de 14.000 cidadáns, 114 institucións, así como de máis de 20 centros de emigrantes doutras comunidades autónomas e de países como Portugal, Francia, Suíza, Alemaña, Bélxica, Arxentina, Estados Unidos, Uruguai ou Brasil.
A Xunta de Galicia apoiou esta candidatura a nivel institucional e financeiro, dado o beneficio que suporá esta denominación en internet para a promoción na Rede da nosa Comunidade.•
Últimas noticias sobre INICIATIVAS
O Concello de Sober vén de aprobar o orzamento para 2023 no que prima o gasto
Catro bens de interese cultural (BIC) de Quiroga serán dixitalizados pola Xunta de Galicia formando parte
A Concelleira de Cultura, Marina Doutón, acompañada polo Concelleiro de Obras, Medio Rural e Servizos, José
Con moita afluencia de xente están a transcurrir os mercados de Nadal que se están a
O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, informa do asfaltado da rúa Doutor López Suárez, dentro