Bo traballo do Club Natación Monforte no Campionato de España

• A última fin de semana de xullo disputouse en Barcelona o XXXVI Campionato de España Infantil de natación de Verán, onde tomaron parte os xoves deportistas do Club Natación Monforte. O paso dos monfortinos e monfortinas polo campionato nacional deixou un bo sabor de boca, xa que acadaron unha posición destacada en diversas disciplinas, dentro da cita máis relevante e de maior nivel competitivo. Á proba de Barcelona acudiron un total de 815 deportistas procedentes de 235 clubes de toda España.
AS NADADORAS DO CN MONFORTE, ENTRE AS DEZ MELLORES DE ESPAÑA POR GRUPOS
Según os datos aportados pola Federación Galega de Natación, o equipo formado por Sandra Suñer, Isabel Rodríguez, Patricia González e Uxía García rematou a final nun destacado décimo posto na especialidade de remudas 4×200 libre.

NOVA MELLOR MARCA GALEGA PARA PATRICIA GONZÁLEZ BLANCO, DO CN MONFORTE
Pola súa banda, Patricia González Blanco do Club Natación Monforte foi sétima en 200 costas de 14 anos, establecendo unha nova mellor marca galega con 2:27.83 nas eliminatorias.

PATRICIA SUÑER E PABLO VALCARCE, NOS POSTOS FINALISTAS A NIVEL INDIVIDUAL
Nos postos de finalistas tamén estiveron os de Monforte, xa que Sandra Suñer Díez rematou no noveno posto en 400 estilos de 14 anos cun tempo de 5:19.24. Tamén realizou un bo traballo nesta competición nacional Pablo Valcarce Domínguez, que rematou nun destacado sétimo posto en 200 costas de 15 anos cun mellor tempo de 2:17.48 en eliminatorias.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

José Antonio López Fombona, gañador da 41ª Subida a Chantada

Seguinte Nova

Destacado papel da monfortina Saleta Fernández no Campionato de España absoluto

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: